Ir ao contido
Solución turística dixital dispoñible 24 horas, 365 días ao ano

Para concellos de Galicia

Unha nova forma de descubrir os concellos de Galicia.

O patrimonio xa existe. O noso traballo é axudar a amosalo.

Amosa Galicia crea para cada concello unha experiencia dixital de rutas autoguiadas con mapa, locucións e varios idiomas, dispoñible 24 horas ao día, 365 días ao ano.

  • Diferentes rutas
  • Multiidioma
  • Sen app

O reto

O patrimonio xa está aí. O difícil é que o visitante o descubra e o entenda.

Moitos concellos contan cun enorme patrimonio histórico, cultural e natural, pero a información turística non sempre está dispoñible cando chega o visitante. Os horarios de atención presencial son limitados, as visitas guiadas realízanse en momentos concretos e a información pode estar repartida entre diferentes soportes.

  • Horarios

    A atención presencial non pode cubrir todas as horas do día.

  • Información

    O visitante necesita atopala de forma sinxela e cando a precisa.

  • Experiencia

    Ver un lugar cambia cando alguén che conta a historia que hai detrás.

A visita mellora cando o móbil conta a historia e a mirada queda no lugar.

A experiencia

Un guía no peto para descubrir o concello ao teu ritmo.

O visitante accede desde o móbil, escolle unha ruta e segue o percorrido. Ao chegar a cada parada pode escoitar unha locución breve que lle conta o que está vendo.

  1. Escolle unha ruta

    Duración, distancia e número de paradas.

  2. Sigue o percorrido

    O mapa acompaña ao visitante durante a ruta.

  3. Chega e dálle ao play

    Locucións breves en cada parada.

  4. Mira ao teu redor

    A tecnoloxía acompaña. O territorio é o protagonista.

Sen descargar aplicacións. Sen reservas. Sen depender de horarios.

Un móbil amosando unha ruta: o mapa coas paradas numeradas e, embaixo, o reprodutor da locución da parada actual.

24 h365 días

Dispoñibilidade permanente

Un recurso turístico que non pecha.

Está dispoñible un domingo, un festivo, en agosto ou en pleno inverno. Pola mañá, pola tarde ou cando a oficina de turismo xa está pechada. Amosa Galicia complementa os recursos municipais e permite seguir acompañando ao visitante.

Sempre aí para o concello. Sempre dispoñible para o visitante.

A solución

Todo o necesario para poñer Amosa Galicia en marcha no teu concello.

Unha implantación adaptable, pensada para que cada concello poida ofrecer rutas dixitais segundo o seu patrimonio, o seu relato turístico e as súas necesidades.

  • Espazo propio

    Landing turística personalizada dentro de Amosa Galicia.

  • Diferentes rutas

    O concello decide que historias, lugares e experiencias quere mostrar.

  • Paradas con locución

    Cada ruta pode organizarse en puntos de interese co seu audio e información propia.

  • Idiomas adaptados

    A experiencia pode prepararse nos idiomas que precise cada proxecto.

  • Traducións e locucións

    Adaptamos os contidos e producimos os audios de cada parada.

  • Mapa, QR e soporte

    Configuración, código QR, aloxamento e soporte técnico durante o primeiro ano.

Coñecemento local

O concello coñece o territorio. Nós encargámonos de convertelo nunha experiencia dixital.

A información de partida segue estando baixo o control do concello. Amosa Galicia encárgase da adaptación, produción e posta en funcionamento.

O concello

  • Selecciona as rutas e os puntos de interese.
  • Facilita a información e documentación de cada parada.
  • Revisa e valida os contidos antes da súa publicación.

Amosa Galicia

  • Adapta os contidos ao formato dixital.
  • Realiza as traducións e locucións.
  • Configura a landing, os mapas e as rutas, e pon a plataforma en funcionamento.

Se o concello necesita apoio na investigación, documentación ou redacción, tamén podemos valoralo como servizo adicional.

Coñecer para mellorar

A ruta tamén permite coñecer mellor ao visitante.

Amosa Galicia pode recoller información útil sobre a utilización das rutas sen solicitar nomes, correos, teléfonos nin outra información identificable.

  • Idade ou rango de idade
  • Poboación ou procedencia
  • Perfil da visita
  • Rutas iniciadas e realizadas
  • Duración da utilización
  • Interacción cos contidos
Un móbil amosando o informe de uso: accesos totais, rutas iniciadas e completadas, duración media, puntuación, procedencia por área e rangos de idade.

Informe trimestral

Resumo periódico cos principais datos de uso e o feedback recibido nas rutas.

Uso, procedencia e valoración

Feedback útil

Suxestións, observacións e incidencias para detectar posibles melloras.

Unha rede que medra

Unha ruta pode levar ao visitante ata o seguinte concello.

Cando unha persoa remata unha ruta, Amosa Galicia pode recomendarlle outras experiencias similares ou complementarias en municipios próximos. Se o teu concello forma parte da plataforma, as súas rutas poden aparecer ante persoas que xa están facendo turismo na contorna.

Máis concellos na rede. Máis posibilidades de ser descuberto.

Ruta completada

Que che apetece descubrir agora?

  • Ruta histórica próximaPatrimonio
  • Ruta do litoralMar e cultura
  • Ruta de naturezaPaisaxe

O teu concello pode aparecer aquí

Activación

Poñemos a plataforma en marcha. E se queres darlle máis visibilidade, tamén podemos axudarche.

Entregamos ao concello o enlace e o código QR para incorporalos na súa web, oficina de turismo, aloxamentos, albergues, puntos de información, folletos, redes sociais ou establecementos colaboradores.

A plataforma funciona por si mesma como recurso turístico.

Queres darlle máis visibilidade?

Se o concello quere reforzar o lanzamento, tamén podemos preparar pezas gráficas, contidos audiovisuais, materiais para redes, folletos, cartelería ou sinalética. Son servizos opcionais e presupóstanse por separado.

Falamos?

Falamos do teu concello?

Cóntanos que recursos turísticos queredes poñer en valor e estudaremos como convertelos nunha experiencia Amosa Galicia.

O patrimonio xa existe. Axudámosche a amosalo.